O recentemente aprobado Documento Básico DB-HE Aforro de Enerxía do CTE, engade unha sección HE-0 na que se limita o consumo final de enerxía primaria e modifícase o resto de documentos, pondo de manifesto deseñar o edificio cun adecuado Sistema de Ventilación Eficiente. Con esta nova edificación sustentable perséguese unha estratexia que achega grandes beneficios para todos os interlocutores e cun menor custo.
Nesta xornada centrarémonos en expor as distintas solucións de ventilación eficiente para edificios residenciais e non residenciais, tanto para proxectos de edificación nova como rehabilitación.
Programa:
A sesión ten unha duración de 2 horas aproximadamente onde se entregará documentación técnica e se focalizará nos seguintes puntos:
Ventilación en edificios residenciais
– Próximos cambios na revisión do CTE DB HE3 2013
– Novo CTE HE 2013 (Aforro de enerxía)
– Sistemas de Ventilación Híbrida Controlada (VHC): Rehabilitación
– Sistemas de Ventilación Mecánica Controlada (VMC)
- VMC Simple Fluxo Higrorregulable (caudal variable) DIT
- VMC Dobre Fluxo con recuperación calor integrada con estratexias de climatización pasiva (NZEB)
– Acústica
– Estanqueidade e Redes de Ventilación
– Clasificación Enerxética e HS3. Caso Práctico
Ventilación en edificios terciarios
– Modificacións RITE 2007 segundo RD 238/2013
– Exemplo práctico de Rehabilitación Edificio con Ventilación Eficiente
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
A Coruña, 15 de xuño, de 18:30 a 20:30 h
Sala de Arquitectura da Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Federico Tapia 62, Baixo, 15005
ENLACES DE INTERÉS:
Información vía COAG
IMAGEN: SIBER
Comentarios recientes