O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”, de acordo á convocatoria anual que fai a Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Fronte a un maior número de desafíos mundiais, o papel da arquitectura, do urbanismo e da concepción arquitectónica é cada vez máis decisivo na construción dun futuro mellor.
Seguindo esta pauta, as sete delegacións galegas do Colexio de Arquitectos de Galicia mobilízanse co propósito de promover o papel dos arquitectos e a súa contribución para aliviar o sufrimento humano e facer fronte aos retos mundiais, así como para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Organizarán para a Semana da Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar o gran potencial da arquitectura e do ordenamento urbano e para afrontar o cambio climático e divulgar unha mensaxe sólida, pertinente e accesible. (más…)
Comentarios recientes