aforro enerxético

/

XORNADA TÉCNICA Actualizacións do DB HE 2013

siber

O recentemente aprobado Documento Básico DB-HE Aforro de Enerxía do CTE, engade unha sección HE-0 na que se limita o consumo final de enerxía primaria e modifícase o resto de documentos, pondo de manifesto deseñar o edificio cun adecuado Sistema de Ventilación Eficiente. Con esta nova edificación sustentable perséguese unha estratexia que achega grandes beneficios para todos os interlocutores e cun menor custo.
Nesta xornada centrarémonos en expor as distintas solucións de ventilación eficiente para edificios residenciais e non residenciais, tanto para proxectos de edificación nova como rehabilitación.

Programa:

A sesión ten unha duración de 2 horas aproximadamente onde se entregará documentación técnica e se focalizará nos seguintes puntos:

Ventilación en edificios residenciais

– Próximos cambios na revisión do CTE DB HE3 2013
– Novo CTE HE 2013 (Aforro de enerxía)
– Sistemas de Ventilación Híbrida Controlada (VHC): Rehabilitación
– Sistemas de Ventilación Mecánica Controlada (VMC)

  • VMC Simple Fluxo Higrorregulable (caudal variable) DIT
  • VMC Dobre Fluxo con recuperación calor integrada con estratexias de climatización pasiva (NZEB)

– Acústica
– Estanqueidade e Redes de Ventilación
– Clasificación Enerxética e HS3. Caso Práctico

Ventilación en edificios terciarios

– Modificacións RITE 2007 segundo RD 238/2013
– Exemplo práctico de Rehabilitación Edificio con Ventilación Eficiente

 


 

LUGAR DE CELEBRACIÓN:

A Coruña, 15 de xuño, de 18:30 a 20:30 h
Sala de Arquitectura da Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Federico Tapia 62, Baixo, 15005

 

ENLACES DE INTERÉS:

Información vía COAG 

IMAGEN: SIBER