Cargando Eventos

« Todo Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día Mundial da Arquitectura 2016

3 octubre, 2016 @ 20:00 - 20:30

dia-arq

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”, de acordo á convocatoria anual que fai a Unión Internacional de Arquitectos (UIA). Fronte a un maior número de desafíos mundiais, o papel da arquitectura, do urbanismo e da concepción arquitectónica é cada vez máis decisivo na construción dun futuro mellor.

Seguindo esta pauta, as sete delegacións galegas do Colexio de Arquitectos de Galicia mobilízanse co propósito de promover o papel dos arquitectos e a súa contribución para aliviar o sufrimento humano e facer fronte aos retos mundiais, así como para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Organizarán para a Semana da Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar o gran potencial da arquitectura e do ordenamento urbano e para afrontar o cambio climático e divulgar unha mensaxe sólida, pertinente e accesible.

DELEGACIÓN DE A CORUÑA
Proxección nun espazo público do documental “O dereito a un techito”

En relación coa conmemoración do Día Mundial da Arquitectura, a Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Proxección nun espazo público do documental “O Dereito a un Teito”, rodado e producido por Arquitectos sen Fronteiras. A devandita proxección realizarase na concurrida Rúa Real esq. Rúa Nova (Obelisco), na pantalla exterior do Sporting Club Casino de A Coruña, a partir das 20.00 hs. da tarde, e irá precedida polas intervencións do Presidente da Delegación do COAG de A Coruña, o Presidente de Arquitectos sen Fronteiras-Galicia e coa presencia do Presidente do Sporting Club Casino ou o Xerente desa entidade (por confirmar).
O obxectivo é achegarse á cidadanía no Día Mundial da Arquitectura, que ocorre un luns, aproveitando os espazos máis transitados na hora de saída do traballo, a través de entidades sen ánimo de lucro, e baixo o lema proposto polo CSCAE “Deseñar un futuro mellor”.

Actividades organizadas para a semana da arquitectura
Día 3. 
Pantalla exterior do Sporting Club Casino de A Coruña (Rúa Real esquina Rúa Nueva), 20:00 h
Proxección nun espazo público do documental “O Dereito a un Teito”, rodado e producido por Arquitectos sen Fronteiras.


 

Vía: COAG

Imagen: COAG

Detalles

Fecha:
3 octubre, 2016
Hora:
20:00 - 20:30
Evento Categoría:
Evento Etiquetas:
, ,

Lugar

Sporting Club Casino
Calle Real
A Coruña, 15001 España
+ Google Map